CONVOCATORIA DE 2024 (Códigos de procedemento VI483C e VI483D)

Programa destinado a facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios

económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

Prazo de presentación de solicitudes:

Concesión inicial da axuda (VI483C): Dende o 15 de xaneiro ate o 29 de febreiro de 2024

Renovación da axuda (VI483D): No prazo que se sinale na resolución de concesión inicial da axuda

CONTÍA DAS AXUDAS

1. Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda de ata o 50% da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda

habitual e permanente, en función dos seus ingresos, conforme aos seguintes tramos:

a) Ingresos dende 0,5 ata 1,5 veces o IPREM, o 50% da renda que deban satisfacer polo alugueiro.

b) Ingresos superiores a 1,5 e ata 2,5 veces o IPREM, o 40% da renda que deban satisfacer polo alugueiro.

c) Ingresos superiores a 2,5 e ata 3, 4 ou 5 veces o IPREM (en función dos límites máximos de ingresos previstos na letra b) do

punto dous do ordinal sexto desta resolución), o 30% da renda que deban satisfacer polo alugueiro.

2. Con cargo a fondos autonómicos poderán incrementarse as porcentaxes anteriores de axuda en 10 puntos porcentuais para os

seguintes colectivos:

a) Persoas menores de 36 anos. No caso de subscrición do contrato por varias persoas, todas deberán cumprir este requisito.

b) Familias numerosas.

c) Familias monoparentais.

d) Unidades de convivencia inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia cunha

antigüidade superior a un ano.

e) Persoas emigrantes galegas retornadas a España durante o ano inmediatamente anterior á data de publicación da

correspondente convocatoria da axuda, sempre que teñan residido no estranxeiro un mínimo de dous anos inmediatamente

anteriores á data do retorno a España.

3. A contía da axuda recoñecida na resolución de concesión determinarase en función da renda establecida no contrato, sen que en ningún caso o seu importe poida ser incrementado, aínda que a citada renda aumente ao longo da duración do contrato.

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?